jueves, 26 de noviembre de 2009

Platon

biografía e filosofía de Platón

jueves, 19 de noviembre de 2009

ÉTICA DE PLATÓN

1. Obras que desenvolven a ética platónica. A virtude
2. Tipos de virtudes
3. Ensinanza da virtude
4. Relación entre a ética e a política


  • OBRAS QUE DESENVOLVEN A ÉTICA PLATÓNICA.


Esta idea é desenrolada na súa obra A República, ao terminar a exposición e análise do mito da caverna. Outras obras que seguen unha liña similar son o Fedón na que espón a idea da virtude como purificación, O Banquete e Menón. Nesta última responde a cuestión de se se pode ensinar a virtude.

  • A VIRTUDE:

Virtude como sabedoría
A teoría ética de Platón perfílase como unha continuación do modelo socrático. Platón afirma que só o sabio é o virtuoso, porque unicamente coñecendo que é a virtude, é dicir, a idea a que se refire o concepto virtude, hai posibilidade de selo na vida práctica. O saber e a virtude coinciden e necesítanse.
A falta de virtude non supón unha perversión da natureza humana; pola propia natureza o home busca sempre o ben para si, pero se se descoñece o ben, pódese tomar como bon calquera cousa, en consecuencia, actuar incorrectamente. A falta de virtude é equivalente á ignorancia. Cando alguén elixe unha actuación que é mala faino, según Platón crendo que o tipo de conducta elixida é boa, xa que naide opta polo mal sabendoi e adrede. Só quen coñece a idea do ben, pode actuar correctamente, tanto no público como no privado, nos di Platón na súa obra A República, ao terminar a exposición e análise do mito da caverna.
Virtude como harmonía
A virtude como harmonía, Consiste en acadar un equilibrio entre as partes da alma. Para Platón aclanzar a xustiza lograrase cando unha persoa consiga que as partes da súa alma realicen excelentemente as súa funcións. A parte racional da alma, é aquela que ten como función dirixir as outras partes razonando ou pensando. A parte irascible ten como función intentar saber controlarse ante as pasións. Por último está a parte compiscible na que as pasións están controladas pola razón.
A unión destas tres partes deriva na xustiza.
Virtude como purificación
A virtude como purificación, esta idea está presente no Fedón, nela dinos que as persoas chegan a ser virtuosas cando se desprenden do corpo para poder ascender no mundo das ideas.

  • TIPOS DE VIRTUDES:


Pero Platón fará unha clasificación dentro da virtude como harmonía, distinguindo:
Prudencia: facer rectamente as cousas
Fortaleza: non acobardarnos ante os perigos e temores
Templanza: non deixarnos levar polos placeres. Vivir honestamente.
Xustiza: operar xustamente na sociedade. É a virtude xeral que consiste en que cada parte da alma cumpra a súa propia función, establecendo a harmonía no home, impoñendo así os límites e a proporción en que se ha de desenrolar cada virtude.

  • ENSINANZA DA VIRTUDE:


A cuestión de se se pode ensinar a virtude está presente na obra Menón Segundo Platón a virtude pódese ensinar a partir do autocoñecemento e da práctica, xa que se a virtude é un saber, e como tal pódese ensinar.

  • RELACIÓN ENTRE A ÉTICA E A POLÍTICA:


O pensamento político de Platón dinos que a política basada na forma racional (ideal) é a única que promove a relación persoal da virtude. A virtude só se realiza completamente baixo unha organización política.