viernes, 2 de octubre de 2009

RELIXIÓN CONTRA A SOCIEDADE


Fai uns días saiu nas noticias e nos xornais unha noticia que nos chamou a atención.
Nesta noticia o que sucedeu foi:
Fatima Hsisni irmá dun suicida foi chamada a declarar nun xuízo contra nove presuntos integrantes de dúas células integristas descubertas en Madrid e en Cataluña.
O que sucedeu nesa sala foi que Fatima declarou co burka e o xuíz non tibo en conta esa declaración xa que en España hai que declarar coa cara destapada.
Despois de que o xuíz falar con ela e lle explicara todo, o xuíz vaille permitir declarar de novo co burka pero coa cara destapada nunha sala a portas cerradas sen cámaras e sen público.
Esto podemolo ver de dúas maneiras, podemos darlle a razón o xuíz ou a Fatima, xa que o xuíz so estaba cumprindo as leis e Fatima defendía a súa fe con respeto a súa relixión.

3 comentarios:

  1. esto non o creo a min dademe mas argumentos que esto non me convence, esto e unha verguenza de blog como vos atrevedes a poñer esto


    asco de pais.

    ResponderEliminar
  2. Eu a razón non sei quen a ten! O único que sei é que é un tema moi complexo.

    Penso que o xuiz se limita a facer cumplir a lei (as nosas leis) que, por outra parte, é o seu traballo. Pero o feito supoño que vai máis alá da simple anécdota acontecida no xulgado.

    Habería que preguntarse moitas cousas. Por exemplo, obriga o Corán a levar burka? É o mesmo o burka que o velo? É preciso levar burka para, como vós decides, "defender a súa fé con respecto á súa relixión"? Defende esto último Fátima libremente?

    Actúa esta muller con liberdade? Que circunstancias rodean a este caso? ...

    Creo recordar que procede dunha familia moi ligada ao integrismo islámico, tanto como para que o seu irmán se suicidase cunha bomba ao lombo, feito este que, para nós, resulta case incomprensible.

    É sobradamente coñecida a situación na que viven moitas mulleres vencelladas a este mundo, sen acceso á educación, sen voz e moito menos voto, recluídas, lapidadas por adúlteras e non sei cantas barbaridades máis, que escoitamos e vemos tódos os días no telediario. Penso que a liberdade, tal e como nós a entendemos, non ten cabida no seu mundo!

    A miña opinión é que, quizais, éste sexa un máis, de tantos tristes sucesos que alentan a eterna confrontación entre dous mundos, relixións, modelos de sociedade...completamente dispares.

    Saía hoxe no progreso unha nena en Lugo á que se lle prohibía entrar con velo na escola. A Consellería de educación finalmente acabou permitíndollo. Volvemos ao mesmo, actúa libremente? Por qué gorras e viseras si e o velo non? E entraríamos no poder dos símbolos, nas señas de identidade...buf, moi moi complexo!

    Pasábame por aquí para mandarvos un saúdo e deixei un testamento. Enfín...

    Un tema moi interesante, o do burka, que da moito que pensar, asi que seguide dánllolle voltas á cabeciña!

    Un bico a todas e tamén á profe: muac

    ResponderEliminar